C R Ú A é o meu espazo en Carballo.
Aquí fabrico as miñas pezas e vivo rodeada de barro e fotografías. Tamén serve como punto de encontro para quen queira achegarse a conversar, observar ou aprender, pois non é so o meu lugar senón o de todos e todas as que queiran participar.
C R Ú A
MARÍA BARCA
T e n d a - t a l l e r
Rúa Sol 36, Carballo (A Coruña)







O B R A D O I R O
Este espazo compartido acolle os obradoiros CRÚA. Terás todos os materiais e ferramentas precisas para a creación das túas propias pezas cerámicas.
T E N D A
Poderás atopar pezas de cerámica feitas con moito mimo, así como fotografías, láminas e o libro Buño de seu.
T A L L E R
O taller mestúrase coa tenda e co obradoiro para que poidas experimentalo e formar parte del. Aquí poderás atoparme traballando cada día.
OBRADOIROS CRÚA
Para meter as mans no barro non precisas nin experiencia previa, nin habilidades extraordinarias, nin pertencer a un grupo de idade en concreto. Tan só fan falla ganas de experimentar e permitirte a ti mesma seguir os teus ritmos.
Nos obradoiros traballaremos distintas técnicas de modelado en sesións de 2 horas. Estes encontros están dispoñibles para todas as idades e niveis, porque todos e todas somos quen de traballar coas mans!
Elixe o grupo que maís che conveña en horario de 16:30 - 18:30 ou 19:00 - 21:00 de luns a xoves. Calquera dos grupos formarase cun mínimo de 4 persoas anotadas.
Se che apetece, podes unirte de distintos xeitos:
CLASE SOLTA 2H
(todas as idades)
35 € / persoa *
Acordaremos a data e a hora xuntas para achegarte á cerámica e dar forma á túa peza. Eu encargareime das coccións e cando estea lista poderás vir recollela.
CURSO MENSUAL ADULTA
90 € / persoa e mes *
Se queres algo máis que probar, apúntate ao curso mensual!
Verémonos unha vez á semana para profundizar en distintas técnicas de modelado e decoración.
CURSO MENSUAL INFANTIL (6 - 12 anos)
70 € / persoa e mes **
Para as cativas da casa. Este achegamento semanal permitiralles coñecer o material, dar forma ás súas ideas e non deixar de traballar as artes plásticas que tanto lles aportan!
GRUPOS PRIVADOS
Se buscas unha experiencia personalizada para un evento especial, contacta con nós!
*materias, ferramentas e coccións incluídas no prezo.
**materias e ferramentas incluídas no prezo. + 10 € / mes coccións.
AGASALLA CERÁMICA

E se queres sorprender a alguén e regalarlle un ratiño de paz, faite con un dos nosos B O N O S.
Mercarás un vale por unha clase de 2 horas de modelado de barro onde a persoa que elixas poderá construír a súa propia peza. Nós encargarémonos das coccións precisas e unha vez rematada poderás levala contigo!
Esta sesión non ten data fixa, acordaremos a data e o horario segundo dispoñibilidade.
FORMA PARTE DA REDE CRÚA E RECIBE AS NOSAS NOVAS
REXISTRO
A través deste formulario poderás solicitar información ou reservar o teu curso.
Non terás que realizar ningún pago a través desta páxina. Poñereime en contacto contigo e poderemos falar con calma da información que precises.