top of page

María Barca

Carballo (A Coruña), 1996.

Galega de nacemento e de corazón. Falo pouco e ás veces demasiado baixo, mais teño mans creadoras.

En 2017 decidín darlle un xiro á miña vida para pechar a porta aos meus estudos de Enxeñaría Industrial e abrir moitas outras ás artes, comezando pola miña gran paixón: a fotografía. Estudei Belas Artes na Universidade de Vigo tratando de combinar traballos plásticos e fotográficos. Sinto predilección polos proxectos sociais e solidarios, a producción artesanal, a fotografía documental e o mundo do surf, que foi para min o punto de partida a todo o demáis.

Dende a praia de Razo e despois de ter pasado por Madrid, Noruega, Kenia, Jordania, Palestina, Perú ou Ecuador, a miña última aterraxe trouxome de volta á casa, onde continúo día a día ampliando a miña formación tanto artística como persoal. En agosto de 2022 publiquei o meu primeiro libro, Buño de seu, sobre a cerámica tradicional de Buño.

 

Actualmente estudio Educación Primaria e acabo de abrir as portas dun espazo que materializa as miñas aspiracións: CRÚA..    

bottom of page