top of page

C R Ú A  é o meu espazo en Carballo.

Aquí fabrico as miñas pezas e vivo rodeada de barro e fotografías. Tamén serve como punto de encontro para quen queira achegarse a conversar, observar ou aprender, pois non é so o meu lugar senón o de todos e todas as que queiran participar.

C R Ú A

MARÍA BARCA

T e n d a - t a l l e r

          Rúa Sol 36, Carballo (A Coruña)

_MG_6512.jpg
_MG_6398.jpg
_MG_6544.jpg

O B R A D O I R O

Este espazo compartido acolle os obradoiros CRÚA. Terás todos os materiais e ferramentas precisas para a creación das túas propias pezas cerámicas.

T E N D A

Poderás atopar pezas de cerámica feitas con moito mimo, así como fotografías, láminas e o libro Buño de seu.

T A L L E R

O taller mestúrase coa tenda e co obradoiro para que poidas experimentalo e formar parte del. Aquí poderás atoparme traballando cada día.

OBRADOIROS  CRÚA

Para meter as mans no barro non precisas nin experiencia previa, nin habilidades extraordinarias, nin pertencer a un grupo de idade en concreto. Tan só fan falla ganas de experimentar e permitirte a ti mesma seguir os teus ritmos.

Nos obradoiros traballaremos distintas técnicas de modelado en sesións de 2 horas. Estes encontros están dispoñibles para todas as idades e niveis, porque todos e todas somos quen de traballar coas mans!

 

Elixe o grupo que maís che conveña en horario de 16:30 - 18:30 ou 19:00 - 21:00 de luns a xoves. Calquera dos grupos formarase cun mínimo de 4 persoas anotadas.

 

Se che apetece, podes unirte de distintos xeitos:

CLASE SOLTA 2H

(todas as idades)

35 € / persoa *

Acordaremos a data e a hora xuntas para achegarte á cerámica e dar forma á túa peza. Eu encargareime das coccións e cando estea lista poderás vir recollela.

CURSO MENSUAL ADULTA

90 € / persoa e mes *

Se queres algo máis que probar, apúntate ao curso mensual!

Verémonos unha vez á semana para profundizar en distintas técnicas de modelado e decoración. 

CURSO MENSUAL INFANTIL (6 - 12 anos)

70 € / persoa e mes **

Para as cativas da casa. Este achegamento semanal permitiralles coñecer o material, dar forma ás súas ideas e non deixar de traballar as artes plásticas que tanto lles aportan!

GRUPOS PRIVADOS

Se buscas unha experiencia personalizada para un evento especial, contacta con nós!

*materias, ferramentas e coccións incluídas no prezo.

**materias e ferramentas incluídas no prezo. + 10 € / mes coccións.

AGASALLA CERÁMICA

Captura de Pantalla 2023-01-01 a las 17.14.10.png

E se queres sorprender a alguén e regalarlle un ratiño de paz, faite con un dos nosos  B O N O S.

 

Mercarás un vale por unha clase de 2 horas de modelado de barro onde a persoa que elixas poderá construír a súa propia peza. Nós encargarémonos das coccións precisas e unha vez rematada poderás levala contigo! 

Esta sesión non ten data fixa, acordaremos a data e o horario segundo dispoñibilidade.

FORMA PARTE DA REDE CRÚA E RECIBE AS NOSAS NOVAS

Estaremos en contacto!

REXISTRO

A través deste formulario poderás solicitar información ou reservar o teu curso.

Non terás que realizar ningún pago a través desta páxina. Poñereime en contacto contigo e poderemos falar con calma da información que precises.

Cal é a idade da persoa que particiará no curso?
bottom of page